Unha cidade todo un mundo
Illas Cíes

GASTRONOMÍA E CULTURA

NATUREZA E DEPORTES

PROFESIONAL

Praias

No corazón do Parque Nacional das Illas Atlánticas -as illas Cíes- o visitante poderá gozar do sol e do mar nas praias que nos ofrece este fermoso contorno natural.

As praias fóronse formando na ladeira oriental, que presenta un perfil máis suave, fronte á vertente occidental na cal a acción erosiva do mar deu lugar a altos cantís e covas.

Un paseo por estas praias, con area fina e branca, e un baño nesas augas cristalinas do Océano Atlántico supoñen un pracer para os sentidos do visitante.

Turismo de Vigo - Plaza do Rei nº 1 - Vigo   - (+34)986810100 - Mapa web