Polbo (Octopus Vulgaris)
Cefalópodo de 8 brazos, con dúas fileiras de ventosas na súa cara interna. O seu tamaño adoita ser de 20 a 60cm, pero pode chegar a medrar máis de 1m de longo (en casos excepcionais). A súa cor é variable, xa que o propio polbo a cambia en función do ambiente no que se atope ou para despistar os seus depredadores; xeralmente adoita ser avermellado, castaño, amarelento, azulado ou gris. Aliméntase de moluscos bivalvos e crustáceos e vive normalmente preto das costas. Captúrase con nasas especiais.
Choco
Semellante á sepia, pero de menor tamaño ( ata 8 centímetros), coa boca rodeada de oito brazos, con dúas filas de ventosas dispostas en zigzag. A Cuncha é un pouco máis estreita que alongada. O marxe do manto forma un ángulo agudo sobre a cabeza. Vive en fondos arenosos ou de barro e reprodúcese de febreiro a setembro, chegando á madurez sexual despois dun ano. Péscase con nasas, cebo, trasmallo e artes de arrastre.
Preparación: En Galicia hai excelentes recetas propias, próbeos nunha tarteira de barro con pimento, cebola e un chorro de albariño; en empanada; á plancha, como tapa; ou simplemente fritos na tixola coa súa propia tinta,ou como acompañamento dun arroz negro.