Unha cidade todo un mundo
Arte

GASTRONOMÍA E CULTURA

NATUREZA E DEPORTES

PROFESIONAL

Salgueiro García Barbón

  • Arquitecto: Romualdo de Madariaga
  • Data: 1934
  • Porta do Sol

Edificio racionalista do arquitecto Romualdo de Madariaga feito en 1934 e promovido polas irmáns Elena e Práxedes Salgueiro García-Barbón.

Consta de cinco andares. No proxecto inicial a planta baixa albergaba as instalacións dun banco, a primeira prlanta do edificio as oficinas do devandito banco e a vivenda do director, a seguinte estaba destinada tamén a oficinas e as dúas últimas a vivendas.

A característica disposición do terreo fixo que o arquitecto tivese que empregarse a fondo á hora de deseñar o edificio, de aí as formas redondeadas do chafrán, de aires expresionistas.

Destacan tamén as falsas pilastras de pedra superpostas en todo o edificio que rematan en pequenos chanzos, influencia da "art déco", así como unha greca de cerámica que bordea a parte alta do edificio.

A estrutura interior é de formigón e os muros exteriores de granito sen labrar, onde o recobren as pezas de cerámica e labrado no resto.

Turismo de Vigo - Plaza do Rei nº 1 - Vigo   - (+34)986810100 - Mapa web