- CENTRO COMERCIAL ALCAMPO (Av. de Madrid s/n Tlf: 986 417 000) (Rúa do Grove s/n – Coia Tlf: 986 201 010)
O primeiro centro comercial Alcampo inaugurouse na zona de Coia en 1981. Posteriormente, en 1988 abriuse na Avenida de Madrid o segundo centro.
Dende o principio da súa andaina, o motor de Alcampo foi a satisfacción total de clientes, provedores e empregados. No sector comercial, a clave está en ofrecer produtos e servizos que satisfagan as necesidades do consumidor, sempre ao mellor prezo, coa mellor calidade, cunha ampla variedade e o ambiente comercial máis agradábel.
Este foi e é o proxecto de Empresa de Alcampo, que se resume co lema: "CADA DÍA ALGO MELLOR, A VIDA ALCAMPO"
O hipermercado é a grande especialidade; por iso, en Alcampo atópanse tendas amplas e cómodas, ben abastecidas, con todos os servizos e produtos que se necesiten e o asesoramento dos mellores equipos de profesionais.
- CENTRO COMERCIAL CAMELIAS (Praza de América, 1 Tlf: 986 208 311)
“Camelias Centro Comercial” sitúase no conxunto monumental da Praza de América, ao comezo da rúa das Camelias, ben comunicada polos transportes.
“Camelias Centro Comercial” conta con seis andares: o andar da praza con locais de restauración, equipamento persoal, complementos e servizos varios; o andar alto, dedicado á moda, equipamento persoal, complementos, servizos varios e restauración; e o andar baixo e tres andares destinados ao estacionamento dos vehículos.
- CENTRO COMERCIAL CIDADE UNIVERSITARIA DE VIGO (Campus Universitario de Vigo – As Lagoas Marcosende Tlf: 986 467 860)
Este centro comercial dota ao Campus Universitario de Vigo de servizos destinados á compra. Está formado por 26 locais entre os que destacan os seguintes: papelería, tenda universitaria, supermercado, farmacia, autoescola, librería, axencia de viaxes, complexo deportivo...
- CENTRO COMERCIAL GRAN VÍA (Rúa do Miradoiro, 2 Tlf: 986 447 500)
O centro comercial “Gran Vía de Vigo” abriu as súas portas o 1 de xuño deste mesmo ano, con 150 locais e 1.700 prazas de aparcamento. Trátase do maior centro de Galicia en superficie comercial, cun conxunto arquitectónico de 25.000m2.
O novo complexo comercial, situado no terreo da Finca do Conde, conta cunha superficie comercial neta de 41.246m2 distribuídos en tres andares.
O centro abarca unha zona de influencia de máis de medio millón de habitantes e conta con destacadas firmas de moda, fogar e restauración, ademais dun hipermercado “Carrefour” que ocupa 7.000m2 de superficie.
MARCAS LOCAIS: O comercio local representa aproximadamente o 40% do total de locais comerciais con firmas como "A otra cosa", "Kenzo Pop", "A Cova Meiga", "Frutas Nieves", "Papo's" ou "El Rioba", entre outros.
Como novidade, o centro comercial “Gran Vía” conta co primeiro VIP's da provincia de Pontevedra e coa primeira tenda de moda xuvenil “H&M” que se implanta en Vigo e que ocupa un local de 1.200m2. O complexo dispón de tres andares subterráneos de aparcadoiro con 1.700 prazas e lavado de coches "O Limpo”.
- CENTRO COMERCIAL TRAVESÍA (Travesía de Vigo, 202 Tlf: 986 277 908)
O Centro Comercial “Travesía” inaugurouse o 28 de outubro de 2003. Un edificio de catro andares conforma a estrutura do referido centro. A superficie total construída é de 67.000m2 .
Os dous andares subterráneos do edificio, destinados ao estacionamento de vehículos, contan cunha capacidade de 1500 prazas. Dende os dous andares do aparcemento accédese aos 27.000m2 de zona comercial do centro a través de ramplas mecánicas.
No andar baixo sitúase o hipermercado, que dispón de 9.500m2 de sala de vendas e locais comerciais de moda, complementos, fogar, lecer e servizos.
No andar superior emprázanse diversos locais de moda, complementos, servizos, lecer e restauración. Os cines dispoñen de 10 salas.
- EL CORTE INGLÉS (Gran Vía, 25-27 Tlf: 986 415 111)
É a primeira cadea de grandes almacéns de España, coa maior selección, calidade e vangarda en moda.
Neles atopará todo o que poida imaxinar para agasallar, ou agasallarse, e un bo recordo da súa visita.
Dispón de grandes promocións: “Expoxardín”, unha ampla oferta de mobiliario, iluminación e plantas para o xardín; “Sabores de sempre”, alimentos artesáns e tradicionais, coa mellor oferta en produtos de alimentación típicos da gastronomía máis tradicional e “Fogar ao día”, con importantes ofertas en decoración.
Ofrecen comodidade nos seus servizos, así por exemplo o de intérpretes, pensado para falicitarnos as compras. Tamén: regalos á carta para Gourmets, regalos de empresa, punto de atención de moda, servizo de cambio de moeda estranxeira, restaurante, cafetería, rincón do café, envío rápido ao hotel, centro de comunicacións, carta de compras (servizo que lle evitará cargar con paquetes), axencia de viaxes, para realizar calquera reserva ao elixir entre os máis variados destinos, programas, hoteis; entre moitos máis, sempre cun servizo profesional e esmerado.
Devolución do IVE. Se vostede reside en Canarias, Ceuta, Melilla ou en calquera país NON MEMBRO DA UNIÓN EUROPEA (U.E.), pode beneficiarse da correspondente devolución do IVE. Solicite información a calquera dos empregados ao realizar as súas compras.
- PRAZA ELÍPTICA (Praza de Francisco Fernández del Riego s/n Tlf: 986 485 650)
O centro comercial “Praza Elíptica” é un importante espazo de lecer da cidade situado en pleno centro de Vigo, a tan só 100m da Praza de España e da Gran Vía. Conta con máis de 40.000m2 construídos distribuídos en 6 andares.
Os 4 inferiores están destinados ao aparcamento cunha capacidade de 419 vehículos. Conta cun andar dedicado case exclusivamente ao ocio infantil; e outro andar, destinado a firmas de moda, complementos, fogar e servizos.
- A LAXE ( C/ Canovas del Castillo nº1 . Tfn 986443788)
A Laxe co seus 13200m2 de superficie distribuidas en 3 plantas comerciales, conta con 45 locais, 2 plantas de aparcadoiros subterráneo con capacidade para 500 vehículos, tres plantas comerciais e unha planta superior terraza-mirador.
A Laxe está situado en pleno centro marítimo de Vigo.