Página 13 - Mar de Vigo

Versión de HTML Básico

O mesmo mar que é un camiño e achega riquezas, especialmente
en forma de pesqueiras de sardiña, tamén trae a destrución.
Pero ningunha escaramuza pode compararse coa batalla naval
de Rande: no outono de 1702, a «Escuadra da Prata», perseguida
de preto póla frota anglo-holandesa armada en corso, busca
gorecerse na baía de Vigo. A batalla será dura e a escuadra acabará
destruída.
Alén dun feito histórico, esta batalla supón o nacemento dun mito
comparable co de Eldorado: no fondo das augas da Ría dorme
aínda un tesouro cuxo valor estímase en miles de millóns de euros
en forma de pezas de ouro e prata, procedentes das minas das
colonias que daquela tiña o imperio español de América. Un mito do
que se nutriron non poucas aventuras literarias, entre as cales a máis
famosa é
Vinte mil leguas baixo dos mares
, de Jules Verne, e que
aínda hoxe en día atrae buscadores de tesouros de todo o mundo.
Igrexa de Bembrive
Pazo de Castrelos
13