Página 18 - Mar de Vigo

Versión de HTML Básico

Rúa das Pescadeiras
A zona de Monteiro Ríos e as Avenidas é un espazo urbano,
axardinado e peonil, cheo de terrazas, moitas das cales funcionan
todo o ano. É a primeira fachada da cidade cara ao mar, con
belos edificios eclécticos, modernistas e racionalistas; un lugar
de encontro e de paseo, onde é posible comer ao aire libre ou
simplemente tomar un refresco. O club Náutico acolle nos seus
peiraos iates e veleiros de todas as bandeiras, compartindo augas
coas embarcacións dos centos de afeccionados locais que fixeron
do mar o seu divertimento favorito.
Neste primeiro treito do noso paseo por Vigo, encontraremos tamén
a Estación Marítima de Ría, punto de partida para as excursións ás
Cíes, a Cangas e a Moaña, e o peirao de transatlánticos, onde arriban
os máis grandes e suntuosos barcos de cruceiros de todo o mundo. É,
ademais, o punto de partida do bus turístico de Vigo.
Se a fachada marítima de Vigo
chama a atención do visitante,
a segunda liña non é menos
atractiva. Un xardín de camelias
e magnolias, xa centenarias,
conforman
a
alameda
da
Praza de Compostela. Nas
súas inmediacións, as rúas de
Luís Taboada e Carral ofrecen
numerosas posibilidades para ir
de tapas, para comer coma un
frade ou para facer compras.
Desde a rúa de Carral, podemos
entrar no centro histórico, o
Casco Vello, a través da rúa da
Gamboa, onde no pasado estaba
unha das portas da muralla.
A CIDADE ABERTA AO MAR
18