Página 21 - Mar de Vigo

Versión de HTML Básico

O terceiro camiño é ascendente. A rúa do Triunfo desemboca
na Praza da Constitución, que é a maior do Vigo antigo. Allea á
circulación rodada, hoxe esta praza é un dos puntos de encontro
máis tranquilos da cidade. A que fora Casa Consistorial converteuse
na Casa Galega da Cultura, onde se mostran moitos tesouros da
lingua propia de Galicia.
Nas súas inmediacións aínda perduran vestixios das antigas rúas
gremiais: a rúa dos Sombreireiros e a dos Cesteiros. Nesta ruta
urbana polo Vigo mariñeiro e a súa zona histórica, encontraremos
moitos produtos típicos da artesanía galega. Pezas de xoiaría en
acibeche e prata, cestos e outras manufacturas do vimbio, encaixes
de palillos, viños e produtos típicos da gastronomía, nunha morea
de tendas que, cando pechan as súas portas á tardiña, dan o relevo
de tan animado lugar a bares, tabernas, restaurantes e pubs.
21