Página 30 - Mar de Vigo

Versión de HTML Básico

A GUÍA
No outro extremo da cidade, seguindo a liña do litoral, encóntrase
o barrio de Teis, que foi concello independente durante un curto
período na II República.
O Monte da Guía, punto de orientación para entrar no porto
desde hai séculos, é a súa referencia máis visible. Este miradoiro
converteuse nun dos parques urbanos máis visitados da cidade,
porque ofrece unha magnífica perspectiva da cidade e da ría, que
adquiren unha especial beleza ao solpor. Unha ermida na honra da
Nosa Señora da Neves coroa este pequeno outeiro que se interna
nas augas arrodeado por un paseo peonil e unha orla de pequenas
praias. Na dirección oposta á cidade, encontramos un parque
singular, non demasiado grande pero cunhas vistas espléndidas: o
parque da Riouxa.
Para emprender o camiño de regreso ao centro podemos tomar a
rúa Sajurjo Badía, que é o centro neurálxico e comercial de Teis. E
outra opción é a Travesía de Vigo, onde encontraremos o Centro
Comercial Travesía.
*No plano, zona G-1 (ampliación)
30