Página 35 - Mar de Vigo

Versión de HTML Básico

35
O MAR,
NATUREZA EN MOVEMENTO
O mar saúdanos desde case todos os recantos da cidade.
Achegarse a el resulta moi doado, xa que dispomos de 45 areais,
que van desde os máis extensos, coma Samil cos seus 1.800 metros,
ata os máis recollidos, coma Saiáns.
Aínda que se encontre nas aforas da cidade, Samil é unha
praia urbanizada. Os seus equipamentos, que inclúen xardíns,
piscinas, hoteis, restaurantes, discotecas e centros deportivos,
convertérona nun dos lugares máis concorridos, tanto no inverno
coma no verán.
Seguindo en dirección ao mar aberto, encontramos os areais
de Foz, A Calzoa, Fuchiños, Fontaíña, O Vao —na foto grande—,
Canido, A Sobreira e O Portiño. A súa area é fina e branca e a auga,
limpa e transparente. Cara ao interior da Ría, O Cocho, Tombo do
Gato, Fontes, Carril e O Adro, máis pequenos pero máis próximos
á zona urbana. E, por último, os que se encontran augas dentro, ao
pé do monte da Guía: A Punta, A Lagoa, Areíño, Ríos...