Unha cidade todo un mundo
Illas Cíes

GASTRONOMÍA E CULTURA

NATUREZA E DEPORTES

PROFESIONAL

Información

Nome: Illas Cíes
  • Situado na entrada da Ría de Vigo, o arquipélago está formado polas illas de Monte Agudo, Faro e San Martiño, e foi declarado Parque Natural en 1980 e Parque Nacional en 2002.
  • Data de declaración: 1 de xullo do 2002
  • Superficie: 8480 hectáreas (7285,2 marítimas e 1194,8 terrestres)
  • Localización xeográfica: Rías Baixas de Galicia (Cíes, Ons e Sálvora atópanse na entrada das rías de Vigo, Pontevedra e Arousa respectivamente; Cortegada no interior da ría de Arousa).
  • Recoñecementos: Zona de especial protección para as aves (ZEPA). Illas Cíes (1988), Illas de Ons (2001), Zonas de Especial Protección dos valores naturais (decreto 72/2004, do 2 de abril).
  • Valores naturais: Paisaxes, ecosistemas mariños, cantís, praias, sistemas dunares e matorrais costeiros atlánticos e submediterráneos
  • Valores culturais: construcións, ermidas, castros, etc.

Enderezos e teléfonos:

  • Oficina do Parque Nacional -
    • Rúa Pintor Laxeiro núm. 45, Bloque 1, Local 9 36004 Pontevedra
    • Tlf: 986 858 593 Fax: 986 858 863
    • E-mail: iatlanticas@oapn.mma.es
  • Camping Illas Cíes
Aberto en Semana Santa e temporada de verán aproximadamente do 15 de xuño ao 15 de setembro. Cunha capacidade máxima de 800 persoas, os campistas poden aloxarse ata 15 días consecutivos. Para a compra dun billete de pernocta é necesaria a tarxeta de campista que se recolle na oficina do camping na estación náutica de Vigo. Teléfono de información e reservas: 986 438 358.
 

 

Turismo de Vigo - Plaza do Rei nº 1 - Vigo   - (+34)986810100 - Mapa web