Unha cidade todo un mundo
Illas Cíes

GASTRONOMÍA E CULTURA

NATUREZA E DEPORTES

PROFESIONAL

Ruta do Faro da Porta

  • Distancia: 5 Km
  • Duración:  1h 30 min.
  • Tipo de ruta: Non circular
  • Dificultade: Baixa

Ao igual que na Ruta do Monte Faro, partimos da caseta de información, tomamos o camiño da esquerda e cruzamos o dique que une as dúas illas (Monte Agudo e do Faro). Continuamos o camiño e deixamos atrás o camping e o observatorio de aves. Ao chegar á altura da Praia de Nosa Señora atopámonos coa encrucillada principal da illa do Faro.

Desde aquí collemos a pista de Rodeiras -deixamos á nosa esquerda a Praia de Nosa Señora e o illote de Viños- que nos conducirá até o embarcadoiro de Carracido (30min). A partir deste punto o camiño comeza a ascender lixeiramente, bordeando a costa sur da illa, até chegar ao Faro da Porta. As vistas panorámicas desde este faro son sobre a illa de San Martiño, a máis meridional das tres e a única que non está comunicada por liña regular.

Turismo de Vigo - Plaza do Rei nº 1 - Vigo   - (+34)986810100 - Mapa web