Unha cidade todo un mundo
Gastronomía

GASTRONOMÍA E CULTURA

NATUREZA E DEPORTES

PROFESIONAL

Gastronomía

A gastronomía viguesa, ao igual ca a galega, é sen dúbida unha das máis ricas e variadas do mundo. O prestixio dos nosos pratos radica sobre todo na calidade da materia prima e na súa elaboración. Mariscos, peixes, carnes e vexetais acompañados de viños e queixos son a base para a elaboración de pratos variados e saborosos.

A tradición e a modernidade conviven e compleméntanse na cociña da nosa cidade, dende a “cociña de autor” até as tascas máis populares.

En calquera parte de Vigo podemos atopar lugares nos que degustar a cociña máis tradicional. No Berbés –barrio mariñeiro por excelencia, onde se atopa a lonxa de Vigo– existen multitude de restaurantes típicos mariñeiros; preto de aquí, tamén no Casco Histórico, descubrimos as famosas rúas  “rúa das Ostras” (r/ Pescadería) e “rúa do Polbo” (r/ da Laxe), nos que podemos degustar estes productos tan típicos da nosa cidade "in situ". Ademais, en Vigo atopamos tamén cociña de autor e restaurantes máis internacionais que nos ofrecen especialidades de case calquera lugar do mundo (comida hindú-paquistaní, chinesa, italiana...) coa que convencer os máis exquisitos padais.

Turismo de Vigo - Plaza do Rei nº 1 - Vigo   - (+34)986810100 - Mapa web