O Club Marítimo de Canido fundouse en 1969, sendo un dos seus principais obxectivos a promoción dos deportes náuticos (crearon nos anos 70 unha frota da clase Optimist). O edificio e as instalacións náuticas construíronse en 1971.
Durante o verán pasan pola escola de Vela máis de 150 alumnos –socios e non socios– que son maioritariamente xente da zona así como veraneantes de diferentes Comunidades Autónomas. Actualmente atópase entre os 10 mellores clubes de Galicia en actividades náuticas. Entre as actividades deportivas destaca a Escola de Vela, que funciona no inverno e no verán; en época estival realízanse cursos para adultos.
CONTACTAR EN: Club Marítimo de Canido