Unha cidade todo un mundo
Arte

GASTRONOMÍA E CULTURA

NATUREZA E DEPORTES

PROFESIONAL

A Porta do Atlántico

Este monumento, realizado por Silverio Rivas, é unha homenaxe aos emigrantes galegos que saíron do noso porto cara a América. Está composto por tres elementos complementarios, xa que proceden os tres dun mesmo bloque granítico. O principal é un arco ou porta en medio dun estanque situado no centro da Praza de América, o segundo está situado no inicio da Gran Vía e o último, ao principio da avenida de Castelao.

As tres pezas foron deseñadas, cortadas e tratadas na canteira do Porriño. A porta, elemento principal, pesa 427 toneladas.

Turismo de Vigo - Plaza do Rei nº 1 - Vigo   - (+34)986810100 - Mapa web