DESPIDE O ANO AO GRANDE EN VIGO

Turismo de Vigo

Celebra esta Noitevella na maior cidade de Galicia dunha forma especial.

Escolle o teu vestido e traxe de festa de Fin de Ano en Vigo. Temos moda para todos os gustos e petos: desde centros comerciais e prestixiosas firmas de deseño galego a bohemios mercados, cunha ampla selección de roupa de festa e complementos vintage para recibir o 2018.

E para a cea de fin de ano, escolle entre unha ampla oferta de hoteis,  restaurantes , con múltiples sabores para todos os padais, nunhas datas nas que predominan na mesa os peixes e mariscos.

Dá a benvida ao ano novo tomando as tradicionais uvas ao compás das badaladas da torre do reloxo do Instituto Santa Irene na Praza de América.

Os máis animados poderán continuar, ata ben entrada a madrugada, nalgunha das festas organizadas para a noite máis longa e especial do ano: saraos de Noitevella nas zonas de marcha, bailes de gala nos sitios tradicionais de Vigo, como o Real Club Náutico ou o Mercantil ... Vigo é a capital nocturna de Galicia, e poderás comprobalo en calquera das túas visitas.  

E como manda a tradición, un non pode irse a durmir sen ter tomado un chocolate con churros ben quentiño.

A que esperas? Ven a Vigo e descobre a maxia das súas rúas cheas de luz e dunha ampla oferta de espectáculos, beléns, concertos e actividades para toda a familia.

Consulta os eventos de Nadal que seleccionamos para ti na nosa axenda e decídete a iniciar o 2018 no sur das Rías Baixas

Etiquetas: