Actualidade

sábado, 30 Maio, 2020 - 11:39
Turismo de Vigo

 A nosa historia literaria comezou co vaivén das ondas da ría de Vigo, que inspiraron o noso trobador medieval Martin Codax para compor as súas fermosas cantigas. Foi o azar o que quixo que, sete séculos despois da súa composición, en 1914, un libreiro chamado Pedro Vindel atopase os seus versos nun pergamiño que facía de forro dun exemplar do De Officiis de Cicerón.


Vigo foi musa para escritores de todo o mundo. Desde Jules Verne ata os últimos best-sellers de Domingo Villar, pasando por Otero Pedrayo...

xoves, 28 Maio, 2020 - 16:07
Turismo de Vigo

O escritor francés Jules Verne dedica á Ría de Vigo un dos capítulos de “20.000 leguas de viaxe submarina”, alimentando a lenda sobre o tesouro de Rande co seu popular personaxe Capitán Nemo e o non menos famoso submarino Nautilus, que lle permite abastecerse do ouro perdido baixo as augas na Batalla de Rande para financiar as súas aventuras.

Coñeceu a ría e Vigo anos logo de escribir a novela, cando buscaba refuxio dun...

sábado, 28 Marzo, 2020 - 23:00
Turismo de Vigo

Das Rías Baixas nacen os viños da Denominación de Orixe deste nome, cuxos caldos se producen cola variedade de uva albariño. Unha uva pequena, de mosto concentrado, moi aromática e froiteira que pode combinarse con outras variedades autóctonas, comotreixadura ou godello. Os mellores viños brancos para maridar con pescados e mariscos.

Non deixes de probar en Vigo viños das outras 4 denominacións galegas: Ribeiro, Valdeorras, Ribeira Sacra e Monterrei. Descubrirás caldos de...

venres, 21 Febreiro, 2020 - 19:31
Turismo de Vigo

barrio histórico volve ao século XIX cada ano no mes de marzo: é a festa da Reconquista, a celebración máis emblemática de Vigo.

28 de marzo de 1809, un alzamento popular logrou expulsar aos franceses e converteu a Vigo na primeira localidade de Europa que logrou expulsar ao exército de Napoléon dunha praza conquistada. Tivo a súa recompensa: un ano despois, Fernando VII otorgou a Vigo o título de cidade “fiel, leal e valorosa”.

Agora, cada 28 de marzo, Vigo celebra a súa...

Páxinas