VIGO NA TÚA MOCHILA

Turismo de Vigo

Se vas pasar varios días nas Rías Baixas e queres visitar os seus lugares máis emblemáticos, recomendámosche que establezas a túa base en Vigo, polo seu encanto e polas súas boas comunicacións con outras poboacións. Atoparás unha chea de opcións e plans “low cost” que farán que dediques varios días a descubrir esta cidade. A maior urbe de Galicia conta con opcións de aloxamento para todos os petos. Se buscas un lugar económico onde durmir, en Vigo podes elixir entre albergues, pousadas ou cámpings.

Non é necesario que planifiques a túa viaxe ao detalle; Vigo sorprenderate! Combina a tranquilidade e a natureza do rural coas comodidades e servizos da cidade. Así, poderás compaxinar unha ruta de sendeirismo, paseo en bicicleta ou a visita ao Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia coa visita a algún museo ou facer unha ruta autoguiada.

Vigo ofréceche moito por pouco! Por exemplo, visitar todos os museos da cidade  custarache menos de 10 € e por 7,50 € poderás utilizar o bus turístico e percorrer os principais puntos de interese. E por suposto, se de algo podemos presumir en Galicia é da nosa cociña de calidade e a bo prezo. Para completar a túa viaxe, e vivir unha experiencia culinaria, non perdas a oportunidade de comer nun furancho ou de asistir a unha festa gastronómica. Un mar de sabores únicos!

Etiquetas: