Actualidade

venres, 19 Abril, 2019 - 14:57
Turismo de Vigo

Que os teus fillos non coñecen o mar e non navegastes nunca? A máis meridional das Rías Baixas conta con excelentes condicións naturais para a navegación ou a práctica de deportes náuticos e ofrece unha paisaxe tan fermosa que vos enfeitizará.

En Vigo, durante todos os días do ano, podes navegar de forma cómoda e segura: os transbordadores, que cruzan a ría moitas veces ao día, ofrécenvos a oportunidade de recibir o voso...

luns, 1 Abril, 2019 - 17:20
Turismo de Vigo

¡Benvido/a a Vigo!

Chegaches á cidade do mar. Convidámoste a pasear polo porto, polas rúas do casco vello e do centro da cidade. E a coñecernos ¡acollerémoste como a un vigués máis! Espérante ducias de restaurantes e taperías, coas súas mariscadas, tapas de polbo, ostras, empanada galega...  E non te esquezas de acompañalo dunha copa de viño da D.O. Rías Baixas.
E antes de volver ao barco, lémbrate de mercar eses agasallos que lle prometeches á familia e aos amigos: unha botella de viño ou de...

venres, 22 Marzo, 2019 - 19:22
Turismo de Vigo

Un Vigo de mar:

Queres saber como unha pequena vila mariñeira se converteu na urbe máis grande e cosmopolita de Galicia? Convidámoste a coñecer a nosa historia a través das salas e vitrinas do Museo do Mar e do Museo da Industria Conserveira. Elas contaranche todos os segredos dun Vigo nacido e transformado polas súas augas.

Se queres empaparte da esencia dun auténtico barrio mariñeiro, achégate a Bouzas. As súas rúas empedradas, o seu porto e as súas xentes atraparante...

sábado, 9 Marzo, 2019 - 12:43
Turismo de Vigo

Apetéceche un tour panorámico de Vigo? Se viaxas a Vigo con nenos ou simplemente non che apetece camiñar, o bus turístico de Vigo é unha excelente elección para ver o máis destacado da cidade con comodidade. 

Desde a planta descuberta do bus turístico de Vigo poderás visitar algunhas das zonas máis emblemáticas da cidade. Grazas ao sistema de locución, dispoñible en varios idiomas, descubrirás que  entre as rúas Policarpo Sanz e García Barbón se concentra a maior parte da oferta museística de Vigo, así como...

Páxinas