Actualidade

venres, 2 Agosto, 2019 - 10:15
Turismo de Vigo

Vas co monopatín ou coa bici a todas partes? Es unha máquina do break dance? Entón non podes faltar á cita co maior festival de deporte urbano do norte de España. O marisquiño

Escapa a Vigo do 9 ao 11 de agosto e goza cos teus amigos dun ambiente incrible, aprende novas técnicas dos teus ídolos do deporte urbano e descubre os mellores recantos para patinar, adestrar e pórte a proba. No monte do Castro ou en Navia atoparás ramplas e a tranquilidade para practicares coa bici ata o anoitecer. Tamén podes achegarte a ...

domingo, 14 Xullo, 2019 - 13:12
Turismo de Vigo

Aínda non coñeces as praias de Vigo? Son un dos maiores atractivos da cidade. As praias da ría de Vigo sorprenderante: nada que ver con outros areais urbanos pouco atractivos, incómodos ou abarrotados. A 10 minutos do pleno centro de Vigo, as praias son de area branca e fina, augas transparentes e para todos os gustos: praias familiares, calas salvaxes, areais con ondas para practicar deportes acuáticos e tamén praias nudistas. En 2019, 10 praias de Vigo foron distinguidas coa ...

luns, 1 Xullo, 2019 - 14:18
Turismo de Vigo

As festas de Bouzas son, seguramente, as festas máis famosas de todos os barrios de Vigo grazas a gran espectáculo pirotécnico que as pecha: os fogos de Bouzas. Celébranse dende o 19 ó 23 de xullo. Durante 5 longos días  o barrio énchese de postos de comida, bares ao aire libre, atraccións para nenos (e non tan nenos) e de verbenas.

A fieita celébrase en honor ao...

venres, 19 Abril, 2019 - 14:57
Turismo de Vigo

Que os teus fillos non coñecen o mar e non navegastes nunca? A máis meridional das Rías Baixas conta con excelentes condicións naturais para a navegación ou a práctica de deportes náuticos e ofrece unha paisaxe tan fermosa que vos enfeitizará.

En Vigo, durante todos os días do ano, podes navegar de forma cómoda e segura: os transbordadores, que cruzan a ría moitas veces ao día, ofrécenvos a oportunidade de recibir o voso...

Páxinas