Actualidade

xoves, 18 Agosto, 2016 - 15:39
Turismo de Vigo

Dis Galicia e xa soñas con saborear peixe, marisco, empanada, lacón con grelos, albariño, licor café e, por suposto, polbo. O polbo é un clásico da cociña galega. A receita máis coñecida é o polbo á feira pero non é a única e na túa próxima escapada a Vigo poderás comprobalo:

POLBO Á FEIRA: o polbo por excelencia: servido en prato de madeira, aderezado con sal, aceite de oliva e pemento. A súa receita é sinxela, pero ninguén consegue o sabor que ten nunha festa, feira ou tapería de Galicia. Seguramente o segredo está na cantidade que se coce xunta.

...

xoves, 21 Xullo, 2016 - 10:15
Turismo de Vigo

A Vila romana de Toralla, xunto á praia do Vao, é a única da Galiza que está escavada integramente e pode visitarse.  O conxunto data dos s. IV ou V d.C. e consta da vivenda dos propietarios, a súa familia e os serventes e de unhas salinas das que obtiñan sal mariño para comerciar.

É un conxunto moi importante e singular, situado no que foi a propiedade da familia Mirambel, que descubriu e doou o xacemento á cidade. 

A visita á vila romana pode gozarse especialmente durante os meses de xullo e agosto, pola beleza da súa contorna e porque o xacemento ofrece visitas guiadas...

venres, 10 Xuño, 2016 - 00:00
Turismo de Vigo

Coa estupenda augardente galego elabórase a queimada, unha bebida alcohólica tradicional a base de bagaño que conta con todo un ritual de preparación destinado a afastar os malos espíritos. Ideal para a máxica noite do Samaín, ou calquera celebración.

Ingredientes: augardente branca, azucre, codia do limón e/ou laranxa. Opcional, grans de café ou outras froitas.

Preparar queimada: vértense os ingredientes nun recipiente de barro. Préndeselle lume e vaise removendo lentamente cun cullerón ata que se consuma o azucre, á vez que...

luns, 15 Febreiro, 2016 - 15:45
Turismo de Vigo

A arte de tomar as ostras naceu en Vigo no barrio histórico. Non se sabe desde cando, pero xa eran famosas entre a tropa francesa durante a Reconquista! Na rúa da Pescadería ou das ostras desfrútase ao mediodía destes deliciosos bivalvos acompañados dun bo albariño, un ribeiro ou unha cana de cervexa. É todo un espectáculo o das ostreiras a abrir o seu fresquísimo produto con incrible habilidade e rapidez, moi celebrada pola multitude de clientes que apenas teñen que agardar mentres se despachan centos de...

Páxinas