Actualidade

luns, 2 Outubro, 2023 - 00:00
Turismo de Vigo

Sen plans para viaxar nesta época? Fai as maletas e ven a Vigo. 

Chegou o outono, e con el, un dos mellores momentos do ano para gozar dos parques e bosques de Vigo. A luz é máis tenue e as follas das árbores caen deixando unha fermosa alfombra multicolor irresistible para os amantes da fotografía.

E si o teu é o deporte, o cinto de parques forestais que rodean a cidade, fana ideal para saír a facer sendeirismo ou...

mércores, 2 Agosto, 2023 - 10:15
Turismo de Vigo

Vas co monopatín ou coa bici a todas partes? Es unha máquina do break dance? Entón non podes faltar á cita co maior festival de deporte urbano do norte de España. O marisquiño

Escapa a Vigo do 10 ao 13 de agosto e goza cos teus amigos dun ambiente incrible, aprende novas técnicas dos teus ídolos do deporte urbano e descubre os mellores recantos para patinar, adestrar e pórte a proba. No monte do Castro ou en Navia atoparás ramplas e a tranquilidade para practicares coa bici ata o anoitecer. Tamén podes achegarte a ...

sábado, 1 Xullo, 2023 - 14:18
Turismo de Vigo

As festas de Bouzas son, seguramente, as festas máis famosas de todos os barrios de Vigo grazas a gran espectáculo pirotécnico que as pecha: os fogos de Bouzas. Celébranse dende o 14 ó 18 de xullo. Durante 5 longos días o barrio énchese de postos de comida, bares ao aire libre, atraccións para nenos (e non tan nenos) e de verbenas.

A fieita celébrase en honor ao Cristo...

sábado, 10 Xuño, 2023 - 13:12
Turismo de Vigo

Aínda non coñeces as praias de Vigo? Son un dos maiores atractivos da cidade. As praias da ría de Vigo sorprenderante: nada que ver con outros areais urbanos pouco atractivos, incómodos ou abarrotados. A 10 minutos do pleno centro de Vigo, as praias son de area branca e fina, augas transparentes e para todos os gustos: praias familiares, calas salvaxes, areais con ondas para practicar deportes acuáticos e tamén praias nudistas. En 2022, 11 praias de Vigo foron distinguidas coa ...

Páxinas