Actualidade

sábado, 9 Febreiro, 2019 - 10:00
Turismo de Vigo

Queres volver namorar? Vivir un San Valentín diferente? Aquí tes algunhas ideas para que gocedes dunha escapada inesquecible ao corazón das Rías Baixas.

Para animados: tapeo + marcha nocturna.

Se queredes pasar unha fin de semana máis movida, non dubidedes en achegarvos á zona histórica de Vigo. Alí atoparedes multitude de taperías nas que saborear os produtos típicos da nosa gastronomía. Pedide un desexo brindando con algún dos nosos licores e estaredes preparados para...

martes, 5 Febreiro, 2019 - 10:00
Turismo de Vigo

Entroido en Vigo é unha das celebracións favoritas dos galegos, unha cita vinculada a ritos de fertilidade e protección das colleitas, incorporada despois como rito cristián no que celebrar a abundancia e na que despedirse do bo comer e do bo beber por un tempo.

En Galicia, hai tantos entroidos como localidades, e en Vigo celébrase entronizando ao Meco: deus do Entroido. Durante o reinado deste permisivo deus todo é posible e todo é foliada: as comparsas ...

mércores, 16 Xaneiro, 2019 - 10:33
Turismo de Vigo

festa de San Brais é a gran festa do inverno en Vigo. Do 12 de xaneiro ao 3 de febreiro, miles de persoas ‘toman’ a pequena parroquia de Bembrive para gozar dunha das festas máis populares de Vigo: San Brais.

Pode que celebraras o día deste famoso santo noutros lugares de España, porque é moi venerado, pero asegurámosche que nunca esquecerás un San Brais en Bembrive.

Primeiro, pola súa xente, que...

xoves, 10 Xaneiro, 2019 - 12:05
Turismo de Vigo

Xa chegou o inverno a Galicia e con el, montañas verdes que se funden co mar, olas que rompen contra os acantilados e aire limpo e fresco.

Onde os bares e cafeterías son ideais para escapar do frío e pasar grandes momentos con amigos e familiares. E se en Galicia sabemos de algo, é de reunións e celebracións ao redor dunha mesa. Ven a Vigo e goza dun ritual gastronómico no que o último invitado á mesa sempre é un bo ...

Páxinas