Actualidade

xoves, 1 Xuño, 2023 - 00:00
Turismo de Vigo

Apetéceche un tour panorámico de Vigo? Se viaxas a Vigo con nenos ou simplemente non che apetece camiñar, o bus turístico de Vigo é unha excelente elección para ver o máis destacado da cidade con comodidade. 

Desde a planta descuberta do bus turístico de Vigo poderás visitar algunhas das zonas máis emblemáticas da cidade. Grazas ao sistema de locución, dispoñible en varios idiomas, descubrirás que  entre as rúas Policarpo Sanz e García Barbón se concentra a maior parte da oferta museística de Vigo, así como a...

martes, 18 Abril, 2023 - 20:15
Turismo de Vigo

Fai só unhas semanas da Festa da Reconquista, pero xa temos morriña! Por sorte, os veciños do barrio de Bouzas celebran o 13 e 14 de maio a súa propia versión da Reconquista, a chamada Brincadeira, para rememorar o papel decisivo que tivo a por aquel entón vila independente de Bouzas na vitoria de Vigo sobre os franceses. Traxes de época e postos de artesanía ou comidas varias recibirán durante todo o día a locais e foráneos  que queiran unirse á Festa....

mércores, 22 Marzo, 2023 - 19:22
Turismo de Vigo

Un Vigo de mar:

Queres saber como unha pequena vila mariñeira se converteu na urbe máis grande e cosmopolita de Galicia? Convidámoste a coñecer a nosa historia a través das salas e vitrinas do Museo do Mar e do Museo da Industria Conserveira. Elas contaranche todos os segredos dun Vigo nacido e transformado polas súas augas.

Se queres empaparte da esencia dun auténtico barrio mariñeiro, achégate a Bouzas. As súas rúas empedradas, o seu porto e as súas xentes atraparante...

venres, 10 Marzo, 2023 - 09:36
Turismo de Vigo

Medran os días e a luz ampliada polo espello que é a ría inunda todos os recunchos.

Aparecen os primeiros brotes e a herba volve medrar.

Na ría brincan os peixes gozando dos ricos nutrientes que comezan a aflorar coas augas oceánicas profundas que penetran no estuario.

Hai máis veleiros na ría e máis sendeiristas nas rutas litorais.

Visítannos as aves mariñas que buscan o norte: gaivotas, corvos mariños, pardelas, pentumeiros,...

Páxinas