Bonus Track

Bonus Track é un dos locais máis novos do circuíto de salas de música en directo de Vigo. Pese a estar lixeiramente desviado das zonas de marcha, soubo gañarse aos seus fieis, que enchen a sala viguesa cada fin de semana para asistir aos seus concertos. Ten mínimo dúas actuacións á semana, de tendencia normalmente roqueira, aínda que é unha sala bastante ecléctica.

Pistas e recomendacións: 

Pásate polo Bonus Track se che gusta coñecer novas propostas musicais ou tocar. Todos os domingos abren o seu escenario para jam sessions ou sesións improvisadas.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo

Información práctica