Cíes

Un incrible parque nacional marítimo-terrestre

As Illas Cíes son un barrio de Vigo. A que é peculiar ter un barrio que se visita en barco? Pois si, as illas tamén forman parte desta cidade atravesada pola ría de Vigo.

Os primeiros habitantes das illas Cíes, chamadas na antigüidade Siccae (áridas), puxeron o seu pé no arquipélago sobre o ano 3.500 antes de Cristo e, desde entón, foron moitas as civilizacións que habitaron o fermoso arquipélago, hoxe Parque Nacional: romanos, normandos, monxes de distintas ordes durante a Idade Media… Agora, están deshabitadas, salvo polos que se ocupan de manter o Parque Nacional, e son un dos puntos máis visitados de Vigo.

Consulta toda a información na nosa sección Illas Cíes.

Pistas e recomendacións: 

As visitas a Cíes están restrinxidas a unhas 2.000 persoas ao día.

Turismo de Vigo
Turismo de Vigo