El Infierno

El Infierno é a sala rock de Vigo con maiúsculas. Alí respírase rock, en todas as súas variantes e estilos: rock industrial, punk rock, hardcore… pero rock ante todo. Esta sala de concertos viguesa aséntase sobre un deses locais con historia: foi o mítico Remache e a bailonga Velvet, pero agora reconverteuse e suma un novo punto de encontro co rock en Vigo.

Pistas e recomendacións: 

Ten unha estupenda programación de música en directo, que podes consultar na súa web.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo

Información práctica