Espazos Afundación

Afundación dispón de dous dos mellores lugares para organizar congresos en Vigo, seminarios ou xornadas de traballo, en pleno centro da cidade. Tanto o Teatro Afundación Vigo como a Sede Afundación Vigo están dotados cos últimos avances tecnolóxicos, e ambos teñen salas de distintas capacidades. O primeiro ten ao seu favor o enorme espazo do Teatro Afundación, con 990 prazas, e tamén o Auditorio do Teatro Afundación, 460 prazas, no mesmo edificio.

A Sede Afundación Vigo  posúe un auditorio tamén de grandes dimensións e ultramoderno de 350 prazas, polo que a elección é sinxela: basta decidir se apostar polo encanto do aire señorial ou pola limpa elegancia do moderno.  En calquera caso, os dous edificios teñen prestacións parecidas, con salas máis pequenas para celebrar reunións de traballo e unha situación envexable, preto dos mellores hoteis e restaurantes de Vigo.

Pistas e recomendacións: 

Se o teu evento vaise celebrar en primavera ou verán e tes previsto ofrecer un catering en Vigo, a Sede Afundación Vigo  ten un xardín interior realmente espectacular, comunicado cun gran salón, onde a túa celebración adquirirá unha categoría única. É un contorno realmente especial, e o edificio, ademais, alberga gran parte da Colección de Arte Afundación, o que aportará un plus ao teu evento.

Información práctica

Teatro Afundación Vigo: C/ Policarpo Sanz 13.

Sede Afundación Vigo: C/ Policarpo Sanz 24-26.