Festa da cociña mariñeira

A celebración estival dos produtos do mar

O Festival Gastronómico de Bouzas, coñecido tamén como Festa da Cocina Mariñeira, está declarado como festa de interese turístico de Galicia, e é parte esencial das festas de Bouzas, que conclúen cada ano cun impresionante espectáculo pirotécnico sobre a ría de Vigo.

A carta ofrece desde polbo a vieiras, arroz de marisco, empanadas, lumbrigante, navallas, nécoras ou mexillóns a prezos populares, unha ocasión para degustar todos os produtos do mar en diferentes preparacións.

Pistas e recomendacións: 

Sempre é bo momento para pasear por Bouzas e gozar do seu paseo litoral, que che permitirá camiñar ata a praia de Samil.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo

Información práctica

  • Fiesta de la Cocina Marinera
  • Barrio de Bouzas

2ª semana de xullo