Festival Sinsal

Vangarda sonora no festival Sinsal

O Festival Sinsal de Vigo é un festival de música en España diferente a todos: unha cita única coa vangarda sonora do panorama nacional e internacional que concentra cada ano en Vigo ao máis innovador da música actual.

Conseguir que centenares de persoas compren as entradas para a décima edición dun festival sen saber que grupos van actuar só indica unha cosa: que a calidade da cita nas edicións anteriores rozou a excelencia. É o caso do Festival Sinsal, a excelencia dunha proposta musical sen precedentes en España, creada nunha cidade de tamaño medio coa calidade dunha cita de calquera capital europea de moda.

Os organizadores del Sinsal empezaron o seu particular concepto de festival anual con propostas repartidas todo o ano en salas de acústica coidada como o Teatro do Centro Cultural Afundación ou o Salón do MARCO, para ir introducindo escenarios insospeitados, como os exteriores do Museo do Mar, a terraza do Auditorio Mar de Vigo

O festival esténdese tamén a outras localidades de Galicia. Por exemplo, na Illa de San Simón, na Ría de Vigo, cada verán organízase unha das citas más suxestivas: só podes chegar en barco e todos os concertos son ao aire libre.

Pistas e recomendacións: 

Cando en España ninguén sabía quen eran as fantásticas Coco Rosie ou de onde saía a impresionante voz de Antony and The Johnsons, xa actuaran en Vigo no Festival Sinsal, unha cita que sempre nos descobre as grandes figuras antes que ao resto del mundo.

Non dubides en programar a túa visita a Vigo coincidindo con algún dos concertos desta cita musical: non te arrepentirás.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo
Turismo de Vigo

Información práctica