Igrexa de Coruxo

Románico en San Salvador de Coruxo

A igrexa de Coruxo é un coidado exemplo de arquitectura relixiosa en Vigo con fermosos lucernarios. Xunto ás igrexas de Bembrive e Castrelos, o templo románico de Coruxo é un dos mellor conservados de Vigo: a igrexa de San Salvador construíuse no século XII e ata o século XIV foi propiedade dos beneditinos, converténdose logo na igrexa parroquial. Perdeu moitos dos seus atavíos de arte románica, pero conserva as tres ábsidas semicirculares, aínda que as grandes fiestras da central foron tapiados, perdéndose os elementos decorativos.

Pistas e recomendacións: 

Se decidiches pasar o día nunha praia de Vigo, achegarte ata a pequena igrexa de Coruxo é unha parada obrigada, así como degustar os mellores peixes e mariscos da ría nalgún dos  restaurantes tradicionais da zona.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo

Información práctica

  • Car. de Camposancos (Coruxo)