Igrexa Románica de Bembrive

Unha visita ao pasado románico de Bembrive

Esta pequena e fermosa igrexa románica de Bembrive preside a parroquia viguesa desde o século XII e é unha das mostras de arquitectura relixiosa en Vigo máis significativas.

É moi probable que esta igrexa románica de Vigo se erixira sobre un templo máis antigo de actividade monástica, xa que o topónimo do barrio onde se asenta a igrexa, Mosteiro, así parece indicalo.

Se decidiches pasar o día visitando a verde parroquia de Bembrive, non dubides en achegarte ata este templo, que se levanta nunha soa nave e en cuxo tímpano encontrarás unha cruz moi curiosa, de reminiscencias celtas. Tamén hai outros símbolos (espirais e círculos) no interior, polo que os historiadores creen que antes desta igrexa románica existía outro de templo de inspiración celta e orixe paleocristián. Na fermosa ábsida poderás contemplar figuras vexetais e antropomorfas.

Pistas e recomendacións: 

Se decidiches achegarte a este barrio de Vigo, non dubides en dar un paseo polo fermoso Parque Forestal de Bembrive.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo

Información práctica

  • C/ de la Iglesia (Bembrive)