Imaxinasons

O festival de jazz de Vigo, en xuño.

A esencia do jazz enche Vigo cada mes de xuño. O Festival de Jazz de Vigo, Imaxinasons, é unha cita única, que dura case dúas semanas e que reparte as súas propostas por todos os escenarios de Vigo.

Hai actuacións de jazz en interior, como no salón de actos do Auditorio Municipal ou a Casa das Artes e jazz ao aire libre (na Praza da Princesa e na rúa Londres). A maioría son actuacións gratuítas, ou ben a prezos populares que poden andar polos 5 - 10 €. 

O festival de jazz de Vigo complétase con obradoiros, pasacalles e seminarios, ademais de abrir os seus escenarios a novas figuras do jazz local e a conxuntos de diferentes escolas de jazz de Galicia.

Pistas e recomendacións: 

Xuño é un dos mellores meses para visitar Vigo. Encontrarás unha cidade na que xa é verán, con menos aglomeración que en xullo e agosto e con moitas propostas interesantes para facer máis divertida a túa estancia.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo

Información práctica