Marina Davila Sport

Máis que un porto deportivo, en Bouzas.

O porto deportivo Marina Davila Sport é un dos máis recentes e modernos, con todo tipo de solucións para as necesidades do barco e dos seus tripulantes. Situado tamén na dársena de Bouzas, ao sur da ría de Vigo, trátase dun porto deportivo perfecto para poñer a punto a túa embarcación ou incluso para asesorarte na compra dun barco en Vigo, se estás pensando en iniciarte no apaixonante mundo da náutica.

Marina Davila Sport pon ao teu servizo amarres con vixilancia as 24 horas, varadas, estación de servizo e aparcamento para clientes, con todo luxo de detalle.

Pistas e recomendacións: 

Este porto deportivo de Vigo é un dos máis completos en materia de reparacións de barcos e posta a punto de embarcacións, con servizos de mecánica, carpintería, fibra e candearía.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo
Turismo de Vigo

Información práctica

Horarios: 

OFICINA: Laborables de 9:00 a 14:00h e de 15:30 a 19:30h; Sábados, de 10:00 a 14:00h