Mercado de Teis

O Mercado Municipal de Teis reuniu ao longo dos seus moitos anos de existencia a máis de 50 comerciantes, dos que a maioría son peixeiros, como corresponde a un barrio tan mariñeiro como Teis. Cos anos, o mercado, que orixinariamente só vendía peixe, abriuse a outros produtos, como froita, carne e ata acolle unha perruquería na súas instalacións.

Pistas e recomendacións: 

Teis reúne, nunha soa rúa, Sanjurjo Badía, unha das maiores concentracións comerciais de Vigo, aínda que a actividade se reparte tamén polas rúas contiguas, como a Avenida de Galicia ou Purificación Saavedra. Pero Teis merece unha visita non só para pasar un día de compras, senón por contornos tan turísticos como o Monte da Guía, un dos lugares que non debes perderte en Vigo.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo
Turismo de Vigo

Información práctica