Museo MARCO

Arte contemporánea no MARCO

Gústache a arte contemporánea? Non deixes de visitar o Museo de Arte Contemporánea de Vigo, MARCO: é o centro coas propostas máis vangardistas de arte en Vigo, situado na rúa peonil do Príncipe, unha das máis populares zonas de compras de Vigo.

No MARCO sempre poderás gozar de exposicións temporais, dedicadas á produción artística máis recente en diferentes ámbitos creativos: artes plásticas, arquitectura, vídeo, arte na rede, deseño, cine, música, moda, etc.

O edificio do MARCO deseñouno en 1861 José María Ortiz para albergar o cárcere e o Palacio de Xustiza de Vigo, e a rehabilitación conservou algúns dos elementos máis característicos do inmoble orixinal, como ese espazo central circular arredor do cal se articulan as salas de exposición.

Se che interesa a arquitectura, paga a pena a visita para estudar a reconversión da súa orixinal estrutura “panóptica”, de planta radial.

Pistas e recomendacións: 

O Museo de Arte Contemporánea de Vigo ofrece visitas guiadas. Todos os días ás 18h podes unirte a unha, ou reservar unha visita en grupo “á carta”, con cita previa no 986 113900. 

Se viaxas a Vigo con nenos, consulta toda a programación familiar e as actividades didácticas para adultos.

No Marco, tamén se programan conferencias e concertos, e ten un coqueto restaurante onde repor forzas.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo
Turismo de Vigo

Información práctica

Pecha os luns.

Gratuíto

Horarios: 

De martes a sábados: de 11:00 a 14:30h e de 17:00 a 21:00h.

Domingos: de 11:00 a 14:30h.