Paseos nocturnos por Vigo

Explora a paisaxe nocturna de Vigo

Despois dunha cea fantástica aos vigueses gústanos pasear. Se no canto dunha noite de festa, prefires gozar dun paseo nocturno por Vigo, rúas á luz da lúa ou alongar un pouco o día en vacacións, non o dubides: Vigo de noite é especial.

En pleno centro, podes achegarte ao porto deportivo do Real Club Náutico e pasear polos xardíns das Avenidas xunto ao mar ata o espigón co faro vermello, onde verás a moitos afeccionados pescando choco baixo a luz dos farois.

Anímate tamén a realizar de noite un dos nosos Paseos pola Arquitectura. Moitos dos edificios emblemáticos do Ensanche transfórmanse baixo a iluminación das fachadas.

Se vas visitar Vigo en verán, é imprescindible un paseo nocturno xunto ao mar: a praia de Samil, onde poderás tomar a primeira copa nalgunha da súas terrazas, ou o propio paseo litoral de Bouzas invitan a deixarse levar polo reflexo das luces da cidade sobre a ría.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo
Turismo de Vigo