Peixe sapo á galega

O peixe sapo á galega é un peixe moi apreciado polo seu sabor a marisco e a súa excelente textura compacta, que, nesta receita, se acompaña con salsa de allada, unha salsa tradicional de Galicia.

Ingredientes: unha cola de peixe sapo, 4 patacas medianas, 1 cebola, 4 dentes de allo, sal e pirixel, ½ vaso de aceite de oliva virxe, pemento moído doce, auga e sal mariño.

Preparar o peixe sapo: media hora antes de empezar a cociñar, cortamos o peixe sapo en toros e  adobámolo con allo, sal, pirixel e un chorriño de aceite de oliva. Reservamos.

Pasado este tempo, poñemos unha ola con abundante auga a ferver. En frío engadimos as patacas e a cebola en anacos grosos. Salgamos e deixamos cocer uns 6-7 minutos. As patacas, teñen que estar un chisco resistentes ás picadas do garfo, do contrario desfaríanse ao seguir cocendo. Engadimos o peixe sapo con todo o seu adobo e cocemos uns 10 minutos máis. O tempo vai depender do grosor do pescado.

Mentres tanto, fileteamos os allos restantes, fritímolos lixeiramente no aceite de oliva virxe. Retiramos do lume e engadimos o pemento moído. Escorremos a auga do peixe e engadimos a allada por riba.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo