Praia do Cocho e Mourisca

Praias de aire mariñeiro xunto ao Museo do Mar

A praia de Mourisca, tamén coñecida como a praia do Matadoiro, e O Cocho son dúas calas de auga transparente e area fina, ideais para un día de praia con nenos en Vigo. Ambas flanquean o Museo do Mar, polo que dispós dunha oferta completa de ocio en familia para todo o día.

Gozarás do paseo en calquera estación, xa que as singulares perspectivas do museo, perfectamente integrado coas praias, préstanse ao percorrido. Agárdante os mariñeiros habituais, que fondean as súas barcas ao abrigo do espigón, pasando o tempo fronte ao mar.

Máis información sobre O Cocho

Máis información sobre A Mourisca

Pistas e recomendacións: 

 Estes areais son unha das múltiples opcións que nos ofrece Alcabre, un barrio salpicado de pequenas e preciosas praias.

Moi preto está a praia de Santa Baia, onde hai aparcamento público: debes baixar pola costa que está xunto á Igrexa Parroquial de Alcabre.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo
Turismo de Vigo

Información práctica

  • Avda. de la Atlántida, 160

Dimensións O Cocho: 150x17m

Dimensións Mourisca: 90x6m

Liñas de autobús urbano: 
L10 , C15B y C15C