Praia do Vao

Deporte e relax con amigos no Vao

O Vao é a praia da xuventude de Vigo: un enorme areal de 45 metros de ancho no que pasar as tardes de verán con amigos, xogando un partido de fútbol, aprendendo a facer windsurf ou saíndo a navegar.

De area finísima, O Vao é unha das praias de Vigo máis espectaculares, tanto en inverno como en verán. O paseo, que permite camiñar a carón da praia, súmase ao aparcamento, campos de fútbol, duchas, servizos e bar, que facen do Vao unha praia para a xente nova, cómoda  e completa.

Máis sobre a praia do Vao.

Pistas e recomendacións: 

O Vao está unida a Toralla, unha illa privada pero a cuxas praias podes acceder libremente.

Está xusto ao lado da Finca Mirambell, onde se pode visitar o xacemento arqueolóxico da Vila Romana de Toralla.

Para aparcar no Vao en verán hai que chegar cedo. Outra opción é utilizar o transporte público, con moi boas conexións co centro, con reforzos en verán.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo
Turismo de Vigo

Información práctica

  • C/ de Canido

Dimensións: 800x45m  

Bandeira Azul 2016

Liñas de autobús urbano: 
L10 y L11