Sala El Ensanche

El Ensanche é unha das salas de concertos máis veteranas de Vigo, posúe un dos escenarios máis populares da cidade e é, desde fai anos, un dos sitios obrigados onde ver e deixarse ver.

As noites de concerto son fantásticas, co local cheo de xente con ganas de bailar, e ten unha programación do máis variada: desde pop de sempre a novas propostas, normalmente de música española. Iván Ferreiro, Cristina Rosenvinge ou Coque Malla pasaron polo seu escenario.

Pistas e recomendacións: 

Para chegar, localiza a Igrexa de Santiago de Vigo. El Ensanche está xunto a un dos laterais.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo

Información práctica