Salinae

Descubre as salinas romanas de Vigo

Outra das grandes citas coa arqueoloxía en Vigo é Salinae: un interesante percorrido pola única salina mariña de evaporación solar conservada e musealizada de todo o Imperio Romano

Este xacemento arqueolóxico de Vigo, polo seu excelente estado de conservación, permite entender o funcionamento dunha instalación salineira e como os romanos producían sal na superficie das cubetas.

A exposición ofrece, ademais, a posibilidade de descubrir o interesante mundo do sal, a súa historia, algúns dos sistemas empregados para a súa obtención e os diferentes usos que os romanos en Vigo deron a este importante produto.

Se vés en grupo, consulta as visitas guiadas no 986 247 691.

Pistas e recomendacións: 

Salinae forma parte, xunto ao xacemento do Castro, ao do Museo do Mar e á Villa Romana de Toralla, dun trazado arqueolóxico moi completo polas orixes de Vigo.

É un centro adaptado a persoas con problemas de mobilidade.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo
Turismo de Vigo

Información práctica

Martes a viernes: de 10:00 a 14:00h

Sábado: de11:00 a 14:00 y de 17:00 a 20:00h

Domingo: de 11:00 a 14:00h