Teatro Arte Livre

Un particular teatro independente

Teatro Arte Livre é unha peculiar sala de teatro en Vigo. Roberto Cordovani e Eisenhower Moreno, dous grandes da escena teatral, crearon en Vigo o espazo dos seus soños: o escenario onde dar renda solta á súa desbordante imaxinación.

Nun espazo con capacidade para pouco máis de 100 persoas, o teatro máis próximo e puro convive coa potente vea educativa dos dous artistas, que dedican gran parte da súa programación ao teatro infantil en Vigo.

As adaptacións de grandes clásicos literarios son o punto forte deste dúo (Orlando, El Retrato de Dorian Gray…), que adoita estrear os seus espectáculos teatrais en Vigo para logo xirar con eles polo resto do país e Brasil, de onde es orixinario Cordovani.

Pistas e recomendacións: 

Se vés a Vigo con nenos, consulta a programación do Arte Livre: o seus espectáculos infantís son un luxo.

Sexa cal sexa a obra que elixas, o vestiario, a caracterización e as adaptacións de Cordovani e Moreno non te deixarán indiferente.

Información práctica