Unha cidade todo un mundo
Gastronomía

GASTRONOMÍA E CULTURA

NATUREZA E DEPORTES

PROFESIONAL

Pescados e carnes

O igual que no caso dos mariscos, a variedade e calidade de PEIXES que ofrecen as nosas Rrías é inmellorable: linguado, pescada, rape, rodaballo, etc.

O Porto de Vigo é un dos máis importantes de Europa e tamén un dos principais do mundo pola súa actividade pesqueira, tanto en pesca fresca como conxelada. A el chegan, todos os días, barcos tanto de baixura como de altura, que descargan de madrugada na lonxa; posteriormente, tras a poxa das cargas, o peixe distribúese directamente nos camións que o trasladarán ao seu destino final: mercados, restaurantes... tanto de Vigo como doutras cidades.

Ainda que mariscos e peixes teñan máis fama, as CARNES galegas son tamén moi prezadas.

Dende o nacemento do animal até a comercialización da carne, todo o proceso é sometido a estritos controis que garanten a súa calidade.

A tenreira galega, que pola súa altísima calidade ten merecida a distinción “Denominación de Orixe”, procede de gando novo de razas moi determinadas e cunha alimentación de calidade, criada normalmente en explotaciós de carácter familiar. Todo isto fai que sexa unha carne branda e moi saborosa dunha cor que varía do rosa claro ao vermello suave.

É importante sinalar tamén a calidade doutras carnes, como as de caza (coello, codorniz...), máis difíciles de atopar debido aos períodos de veda.

Nos últimos anos introducíronse no mercado novas carnes como as de potro ou avestruz que a cociña galega tradicional soubo integrar perfectamente.

Turismo de Vigo - Plaza do Rei nº 1 - Vigo   - (+34)986810100 - Mapa web