Unha cidade todo un mundo
Gastronomía

GASTRONOMÍA E CULTURA

NATUREZA E DEPORTES

PROFESIONAL

Mariscos

O mar é o gran provedor da despensa viguesa. A situación xeográfica de Vigo fai que a ría presente unhas singulares características en canto á temperatura da auga, plancto, etc., que a converten nun magnífico viveiro para todo tipo de mariscos, dándolles un sabor excepcional.

Algúns son cultivados, como os berberechos, as ameixas ou os mexillóns (estes últimos en grandes plataformas chamadas “bateas” que podemos ver por toda a ría) e outros, recóllense directamente do mar, como no caso de nécoras, centolas, bois ou vieiras.

 

Turismo de Vigo - Plaza do Rei nº 1 - Vigo   - (+34)986810100 - Mapa web