É o único pan que conta coa “Indicación Xeográfica Protexida”. Elabórase no termo municipal de San Cristovo de Cea, ó noroeste da provincia de Ourense. Está elaborado con fariña de trigo de forma artesanal en forno de pedra, co que se consegue un pan branco con sabor a trigo e unha codia dourada e estralante. As pezas poden chegar a pesar 1,5kg.