O porco é unha das carnes de maior consumo da nosa comunidade; das patas dianteiras de certas razas, e unha vez curadas, saen os lacóns, de carne rosada e de sabor suave e pouco salgado. Os porcos críanse cunha alimentación moi coidada, a base de produtos naturais en case todas as zonas da nosa comunidade. Os lacóns adoitan pesar entre 4 e 5kg.