Trátase dunha augardente elaborada con uvas das colleitas das zonas vinícolas galegas como Ribeiro, Rías Baixas, Monterrei, etc. A destilación da augardente lévase a cabo mediante métodos tradicionais coma o alambique, a alquitara ou o arrastre por vapor. A denominación inclúe dous tipos de augardentes: a de oruxo e a de oruxo envellecido, o que se deixa repousar durante cando menos un ano en envases de madeira de carballo que lle proporcionan un sabor e un cheiro moi característicos.