Xa no século XVII se consumían patacas en Galicia. A denominación de orixe abarca as zonas de produción da Coruña, Lugo e Ourense.
A pataca galega é, sobre todo, da variedade Kennebec, xa que é a que mellor se ten adaptado ao solo e ao clima galego. Teñen a pel fina e lisa de cor amarelenta; son brancas e de carne firme por dentro. A súa calidade é boa para cociñar tanto fritidas coma cocidas.