Arzúa-Ulloa: é un dos queixos máis tradicionais de Galicia. Elaborado con leite de vaca, ten forma cilíndrica cunha codia fina e de cor amarela, de interior brando e con poucos buratos ou ollos. É un queixo de pouca acidez e de sabor lixeiramente salgado. Ten un período de maduración de 6 días como mínimo.
Tetilla: queixo tradicional do sur da provincia da Coruña. É característica a súa forma cónica. Elaborado con leite de vaca, é de sabor suave e lixeiramente acedo, a súa pasta é uniforme e manteigosa apenas sen ollos. Pode utilizarse como ingrediente de numerosos pratos.
O Cebreiro: a poboación lucense que lle dá nome é unha porta de entrada a Galicia do Camiño de Santiago, polo que se cre que foron monxes peregrinos os que trouxeron a forma de elaboración do queixo. Feito tamén con leite de vaca, ten forma de sombreiro de cociñeiro ou de cogomelo e se consome basicamente fresco ou lixeiramente curado. É un queixo branco e de pasta branda. A denominación de orixe foi concedida en 1991.
San Simón: é elaborado na zona da Terra Chá lucense. Xa en tempos da invasión romana era enviado a Roma polas súas especiais características de sabor e conservación para o seu consumo. Ten unha codia dura de cor ocre e un sabor moi característico xa que, tras un período de maduración de entre 30 e 45 días, afúmase con madeira de bidueira. Ten forma de bala e pode chegar a pesar até 1,5kg.