Unha cidade todo un mundo
Arte

GASTRONOMÍA E CULTURA

NATUREZA E DEPORTES

PROFESIONAL

Antigo Banco de España (Casa das Artes)

  • Arquitecto: Romualdo de Madariaga
  • Data: 1938
  • Rúa de Policarpo Sanz, 15

Esta nova sede da sucursal do Banco de España viu substituír a antiga da rúa Oporto (edificio do antigo Reitorado).

O proxecto definitivo de Romualdo de Madariaga asínase en 1938 e presenta algúns cambios en relación co anterior deseñado antes de 1936, ao terse que suprimir o carácter neobarroco do acceso principal e outros detalles decorativos para darlle unha nova imaxe de sobriedade e austeridade.

Nel podemos destacar o acceso principal, decorado con dous relevos de figuras humanas situadas sobre as pilastras laterais do chafrán. No interior é de salientar o amplo patio central iluminado a través dunha vidreira e a disposición das oficinas situadas en círculo sobre o propio patio.

Turismo de Vigo - Plaza do Rei nº 1 - Vigo   - (+34)986810100 - Mapa web